Benvido á web de Garabato de Xogos
Ten ganas de montar unha festa na que todos o poidan pasar ben? Garabato de Xogos ofrécelle xogos nos que poidan participar xente de tódalas idades. Xa está ben de que os maiores non teñan ocasión máis que de mirar, eles tamén teñen dereito a participar!
Qué ofrecemos?
Xogos únicos fabricados con materiais reciclados. Xogos de habilidade, construidos para divertirnos ó tempo que nos fan pensar e desenrolar a nosas capacidades (imaxinación, destreza, coordinación, axilidade,...).
Cómo o organizamos?
Inda que sempre hay monitores para explicar, ás persoas que así o queiran, como xogar; tamen se lles dá a liberdade para desenrolar o seu inxenio, e atopar distintas formas de xogar.
Cada equipo está formado por 30 xogos, algúns son para xogar individualmente e outros por parellas. Hainos moi grandes como o xigante que mide mais de 2 metros, ou pequenos coma o xogo mais sinxelo do mundo.
Algo máis?
Claro que sí! Tamén ofrecemos una serie de obradoiros con actividades plásticas para nenos e actividades teatrales con fins educativos para todos. A reciclaxe é unha actividade que se contaxia!
